Concurso de Cosplay 2017

 

Boa tarde a tod@s! 

Como moitos de vos xa saberedes os vindeiros días 21 e 22 de novembro celebrarase na Escola Oficial de Vigo (EOI Vigo) as xornadas culturáis xaponesas. Este ano o Departamento de Xaponés deixounos un oquiño para facermos algunha actividade polo que decidimos levar a cabo un concurso de cosplay (que sabemos que vos gusta moito).

Aquí vos deixamos toda a información que necesitades e se aínda así seguides tendo algunha dúbida, poñédevos en contacto connosco (atopareces a dirección de correo máis abaixo).

REQUISITOS

  • O concurso terá lugar o día mércores 22 de novembro ás 17:00 pero rógase ós participantes que estean na escola alomenos 30 minutos antes para explicarlles o que teñen que facer.
  • Poderá participar calquera persoa que estea matriculada na escola como as alleas á mesma. Porén, os alumnos matriculados terán prioridade ante o resto no caso de superar o aforo.
  • En caso de superar o aforo máximo seleccionaranse ós candidatos mediante orde de inscripción.
  • A data límite para presentarse termina o venres 17 de novembro.
  • Todos aqueles que non presenten a súa candidatura antes da devandita data ou non cubran os datos axeitadamente quedarán descartados do concurso.
  • Estarán permitidos tanto os disfraces individuáis como os disfraces en grupo.

INSCRIPCIÓN

Todas as persoas que desexen participar deberán mandar un único e-mail a maru.asociacion@gmail.com cos seguintes datos:

  • Nome
  • Apelidos
  • Data de nacemento
  • Número de contacto e/ou correo electrónico
  • Nome da personaxe elixida e anime/videoxogo a onde pertence.
  • Foto ou vídeo da personaxe elixida.

No caso dos grupos deberá constar o nome de tódolos participantes así como o nome de tódalas personaxes coas súas correspondentes fotos.

No caso dos menores de idade será necesario adxuntar a seguinte autorización firmada polos pais/tutores legáis co correo electrónico ou entregala no Departamento de Xaponés da EOI de Vigo (antes da celebración do mesmo).

Recordámosvos que a aceptación destas bases conleva o cese dos dereitos de imaxe que serán posteriormente empregados para a promoción das actividades culturáis de Maru.

CRITERIOS

Á hora de seleccionar ós premiados teranse en conta os seguintes criterios:

  • A orixinalidade da personaxe.
  • A posta en escea.
  • A elaboración do cosplay (realismo, parecido coa personaxe, detalles...).

Por este motivo sería convinte ter unha pequena introducción preparada coas seguintes informacións (que se presentarán en castelán, galego ou xaponés segundo o criterio dos participantes):

  • Por que elixiches esta personaxe?
  • Que é o que fai ou que é o que a caracteriza?
  • OPCIONAL: preparar algunha posta en escea que non dure máis de 2 minutos (un baile, algunha acrobacia, un diálogo típico...).

PREMIOS

A selección dos gañadores realizarase mediante un xurado que estará composto por algúns dos invitados ás xornadas culturáis.

As categorías que se premiarán serán as seguintes:


  • かわいいで賞 - Premio ó máis kawaii.
  • おもしろいで賞 - Premio ó máis interesante/divertido.
  • 似てるで賞 - Premio ó máis parecido á personaxe.
Así que, xa sabedes! Convidade ós vosos amigos e animádevos a participar!

Comentarios

Publicacións populares