Concurso de Cosplay 2017
Como moitos de vos xa saberedes os vindeiros días 21 e 22 de novembro celebrarase na Escola Oficial de Vigo (EOI Vigo) as xornadas culturáis xaponesas. Este ano o Departamento de Xaponés deixounos un oquiño para facermos algunha actividade polo que decidimos levar a cabo un concurso de cosplay (que sabemos que vos gusta moito).
Aquí vos deixamos toda a información que necesitades e se aínda así seguides tendo algunha dúbida, poñédevos en contacto connosco (atopareces a dirección de correo máis abaixo).
Aquí vos deixamos toda a información que necesitades e se aínda así seguides tendo algunha dúbida, poñédevos en contacto connosco (atopareces a dirección de correo máis abaixo).
REQUISITOS
- O concurso terá lugar o día mércores 22 de novembro ás 17:00 pero rógase ós participantes que estean na escola alomenos 30 minutos antes para explicarlles o que teñen que facer.
- Poderá participar calquera persoa que estea matriculada na escola como as alleas á mesma. Porén, os alumnos matriculados terán prioridade ante o resto no caso de superar o aforo.
- En caso de superar o aforo máximo seleccionaranse ós candidatos mediante orde de inscripción.
- A data límite para presentarse termina o venres 17 de novembro.
- Todos aqueles que non presenten a súa candidatura antes da devandita data ou non cubran os datos axeitadamente quedarán descartados do concurso.
- Estarán permitidos tanto os disfraces individuáis como os disfraces en grupo.
INSCRIPCIÓN
Todas
as persoas que desexen participar deberán mandar un único e-mail a maru.asociacion@gmail.com
cos seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Número de contacto e/ou correo electrónico
- Nome da personaxe elixida e anime/videoxogo a onde pertence.
- Foto ou vídeo da personaxe elixida.
No caso dos grupos deberá constar o
nome de tódolos participantes así como o nome de tódalas personaxes coas súas
correspondentes fotos.
No caso dos menores de idade será
necesario adxuntar a seguinte autorización firmada polos pais/tutores legáis co
correo electrónico ou entregala no Departamento de Xaponés da EOI de Vigo (antes da celebración do mesmo).
Recordámosvos que a aceptación destas bases conleva o cese dos dereitos de imaxe que serán posteriormente empregados para a promoción das actividades culturáis de Maru.
Recordámosvos que a aceptación destas bases conleva o cese dos dereitos de imaxe que serán posteriormente empregados para a promoción das actividades culturáis de Maru.
CRITERIOS
Á
hora de seleccionar ós premiados teranse en conta os seguintes criterios:
- A orixinalidade da personaxe.
- A posta en escea.
- A elaboración do cosplay (realismo, parecido coa personaxe, detalles...).
Por
este motivo sería convinte ter unha pequena introducción preparada coas
seguintes informacións (que se presentarán en castelán, galego ou xaponés segundo o criterio dos participantes):
- Por que elixiches esta personaxe?
- Que é o que fai ou que é o que a caracteriza?
- OPCIONAL: preparar algunha posta en escea que non dure máis de 2 minutos (un baile, algunha acrobacia, un diálogo típico...).
PREMIOS
A
selección dos gañadores realizarase mediante un xurado que estará composto por algúns dos invitados
ás xornadas culturáis.
As
categorías que se premiarán serán as seguintes:
- かわいいで賞 - Premio ó máis kawaii.
- おもしろいで賞 - Premio ó máis interesante/divertido.
- 似てるで賞 - Premio ó máis parecido á personaxe.
Así que, xa sabedes! Convidade ós vosos amigos e animádevos a participar!
Comentarios
Publicar un comentario