(正月, Shōgatsu)

O ANINOVO EN XAPÓN (正月, Shōgatsu)


Non e doado encontrar similitudes na forma de celebrar a noitevella en Galicia e en Xapón, en esencia atopamos que ambalas dúas culturas senten a necesidade de espantar os malos espíritus e atraer a fortuna para o ano entrante.

A NOITEVELLA

O trinta e un de decembro , último día do ano ó que debe o nome de noitevella ou ano vello. Tampouco se debía traballar nesta data na que tamén, de modo semellante ó que se fai na en San Xoan, acostumábanse facer bromas como arrancar cancelas ou levarse os apeiros de labranza. 
Crese tamén que nesta noite cae unha estrela do ceo e desfaise sobre a terra, á vez que nace unha nova estrela para substituíla. Alí onde caían os pedazos sería terra de fecundidade e alegría.  Tradicionalmente, no paso do Ano vello para o Ano novo, celebrábase "a queima do facho" ou prender o "lume novo". Esta práctica consistía en preparar entre os veciños un ou varios fachos de palla que se prendían despois da cea. O lume novo tiña especial importancia pois pensábase que durante esa noite, como na de defuntos, as ánimas dos devanceiros devalaban polas aldeas e se aquecían ao seu carón. O lume do facho ou das fogueiras xunto ás que se reunia a viciñanza era levado despois para as casas e mantido até o mencer, deixándose tamén comida para que os finados da casa participasen da cea dos vivos.
En todo o territorio español hai costume de comer 12 uvas ó compás das badaladas de medianoite para atraer a boa sorte no ano entrante.
Na noitevella tamén se celebra o San Silvestre, día no que se repiten as famosas inocentadas. Entre as bromas máis típicas do día, en tal data os vellos do lugar aconsellaban ós novos gandeiros que lles cortasen o rabo ás vacas se querían que non collesen moscas durante o ano, outra das bromas típicas deste día era manda-los xastres ós seus aprendices a busca-la pedra das agullas, facéndoos cargar con calquera petouto dun sitio a outro.
A noite de San Silvestre era unha das que escollían as bruxas para celebra-los aquelarres, de aí a expresión popular de San Silvestre, meigas fóra! a modo de ensalmo para afasta-los malos augurios.


 O ANINOVO - SHOUGATSU 正月, Shōgatsu


En Xapón as tradicións de noitevella e aninovo teñen una forte influencia Shintoista. O deus do aninovo o  Toshigami- Sama  (年神さま) ten o costume de visitar as vivendas en aninovo para traer felicidade e prosperidade e alongar a vida da xente . Para que esto sexa posible temos que facer, a limpieza de fin de ano, poñer dúas portas de pino ou Kadomatsu (門松) , unha corda sagrada ou shimenawa (しめ縄) e un atillo decorativo na porta ou Shimekazari (注連飾り).


Ademáis o primeiro día do ano hai que visitar o templo shintoista local, para pedir o desexos de aninovo, cambiar os amuletos omamori (お守り) por uns novos e rezar. Este ritual coñécese co nome de HATSUMODE (初詣), e os templos máis populares en Xapón onde celebra-lo son: O Templo Meiji en Tokio, o Fushimi Inari en Kioto e o Kawasaki Daishi por citar algúns. Poden recibir ata 2 millóns de persoas nos tres primeiros días do ano!


O KADOMATSU (門松)


O kadomatsu ou portas de pino, son dúas decoracións de aninovo que se poñen nas portas das casas en Xapón para dar a benvida ó Toshigami-sama. Orixinariamente estaban compostas únicamente por pino, máis tarde introducíronse o bambu e o ciruelo. A tríada do pino-bambú-ciruelo ou  Shouchikubai  松竹梅, tamén coñecidos como os Tres Amigos do Inverno, ten unha forte presencia por toda Asia, especialemente en represantacións artísticas chinesas. Estas tres plantas que non languidecen co frío invernal e non perden a folla simbolizan a perseverancia e a resistencia.
Atópanse diferentes estilos de corte de bambú no Kadomatsu, dependendo da súa orixe. O horizontal e o tradicional, mais atopamos un moito máis oblicuo, como cortado cunha katana, que ten a súa orixe cando o Shogun de Tokugawa perdeu unha pelea e cortou bambú para o seu contrincante desexándolle boa sorte. 




AS SHIMENAWA (し縄)


Son xeralmente cordas feitas con fibras de arrox, que se poden atopar nos Templos Shintoistas, nas Portas Tori, ou en lugares especiales da natureza como saltos de auga, rochas grandes ou árbores maxestuosas. As veces están adornadas con amuletos e Shide (四手) que son decoracións sagradas de papel.
Dacordo con os mitos, antiguamente se utilizaban as cordas para evitar a volta de Amaterasu (diosa da luz e o sol) á cova e así prever a escuridade. Outra vertente asegura que o Izumo Kami (deus Izumo) ensinou a xente a poñer as cordas cerca dos camiños para prever a enfermidade.
Sexa cal sexa a orixe das mesmas, o que está claro e que as Shimenawa serven para dividir o profano do sagrado. Se se poñen arredor dunha árbore ou rocha estamos ante un Yorishiro (依代 ), un obxeto capaz de canalizar un Kami. É frecuente atopar polos bosques do Xapón  moitas shimenawa en lugares que os locais consideran sagrados ou emblemáticos. 
 


SHIMEKAZARI (注連飾り)

O shimekazari é un adorno que se coloca nas portas das casas, templos, escolas ou outros lugares destinados a ser bendecidos polo Toshigami-sama. Están compostos por ramas de pino, unha shimenawa e unha laranxa amarga, e outras decoracións dependendo da casa. Nalgunhas partes levan incorporado unha tablilla coa palabra Shomon (幸門) ou porta da felicidade. Os mais tradicionais están feitos completamente de fibra de arroz ou cordas. Deben ser colocados o día 26 ou 28, sendo de mala fortuna facelo o 29 ou 31. Debe ser retirado o dia 7 de Xaneiro e queimado o día 15 no festival do  Dondoyaki. 


 




Comentarios

Publicacións populares