Teru Teru Bouzu
照る照る坊主,
てるてるぼうず.
TERU-TERU-BOUZU.
BRILLA BRILLA MONXE.
O teru-teru-bouzu é un amuleto xaponés que serve para facer que non chova ó día seguinte. É moi popular nas escolas, nas que os cativos deixan estes cabezudos de tea pendurados para garantir o sol nas súas escursións escolares.
Doce de Santa Clara |
A orixe dos teru-teru-bouzu é incerta; uns aseguran que están baseados nun monxe que prometeu na aldea na que vivía que ía traer o bo tempo e ó non conseguilo, os aldeáns matárono.
Estes amuletos fixéronse populares durante o período Edo. Ademais, a principios do século pasado popularizouse unha canción para nenos que falaba destes monxiños brancos. A canción di así:
てるてるぼうず、てるぼうず
明日天気にしておくれ
いつかの夢の空のように
晴れたら金の鈴あげよ
てるてるぼうず、てるぼうず
明日天気にしておくれ
私の願いを聞いたなら
甘いお酒をたんと飲ましょ
てるてるぼうず、てるぼうず
明日天気にしておくれ
それでも曇って泣いてたら
そなたの首をちょんと切るぞ
Brilla, brilla monxe, brilla monxe.
Fai que maña vaia sol.
Como o ceo que unha vez soñei.
Se fai sol dareiche unha campá de ouro.
Brilla, brilla monxe, brilla monxe.
Fai que mañá vaia sol.
Se escoitas a miña pregaria,
Beberemos moito sake doce.
Brilla, brilla monxe, brilla monxe.
Fai que mañá vaia sol.
Porén, se as nubes chorasen
Heiche corta-lo pescozo, señor monxe!
Fai que maña vaia sol.
Como o ceo que unha vez soñei.
Se fai sol dareiche unha campá de ouro.
Brilla, brilla monxe, brilla monxe.
Fai que mañá vaia sol.
Se escoitas a miña pregaria,
Beberemos moito sake doce.
Brilla, brilla monxe, brilla monxe.
Fai que mañá vaia sol.
Porén, se as nubes chorasen
Heiche corta-lo pescozo, señor monxe!
Comentarios
Publicar un comentario